Domingo

Seguimos con máis cousiñas de internete, das que atopei o venres e quixen que estiveran por aquí. Mañá espero cambiar o estilo dos post destes días, pero todo se andará.

Para comezar, da mesma páxina que o traductor de R2D2, a resposta ao Que pasou o día que naciches (en inglés). Aí podes ver que día da semana era, o número 1 das listas de éxitos musicais en EEUU e Reino Unido, persoeiros importantes que naceron o mesmo día ca ti… E despois ten o “que pasou… no ceo”, coa situación da lúa aquel día e a chea de signos zodiacais que tés, e incluso o que “pasou… noutros planetas”, onde te di a idade que terías de ter nacido noutros planetas. Por certo, eu estou de 15 cumpreanos en Marte o vindeiro día 25de febreiro… do 2009. Entretido, moi entretido.

Un chisteciño…

Pi

E un adianto. Pasarán os anos, pero os mitos son os mitos. Velaquí un dos meus, na súa vindeira aparición, a tan desexada cuarta parte de Indiana Jones!!

E por hoxe deixo de marearvos, que estou liado co das listas de correo de cxabeiro.org. Agora parece que me carguei algo coas traduccións, porque deixou de funcionar. Seguiremos informando…

Saúdos!!

2 reflexións sobre “Domingo

  1. María

    Ola rapaz! ¿qué tal?

    Moito traballo onte? Pois eu sigo traumatizada co tema de Robin Hood, xa me contarás dos resultados das túas investigacións. Nada máis, só mandarche un saúdo e xa falaremos pola noite.

    Aburiño!!

  2. Fran

    Olaaaaaaaa!!

    Moi ben, moi ben, moi bo ritmo de actualizacións, rapaz…

    Veña, fainos unha quiniela dos Oscars.

    Apertas mil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.