Brrrr!! Vaia noiteciña que vai aí fóra!
Acabo de volver de ir xogar aos birlos (como diría aquel Pedro Picapedra do Xabarín Club), e xa non apeteceu seguir a noite por aí. Que mellor que quedar na casiña, ver unha peli e deitarse cedo (mágoa da falta de compañía)…
Como o tiña pendente, e posto que de certo foi flipante, velaquí unhas fotos do temporal do outro día, o que tirou co Paseo Marítimo. Como dicía o outro: é que non se lle poden poñer portas ao mar!
E aquí está a onda que arrasou finalmente con todo… (Realmente, é impresionante, pero non creo que a mulleriña que está gravando tivese tanto medo, semella que estaba bastante alta e protexidiña na súa casa)
Vaia… Polos Madriles tamén vai mal tempo… Un frío… Pero sobreviviremos.
Vémos dentro de nada, apertas mil.
🙂
Sí que impresionan las fotos, sobre todo el video, viendo cómo se viene el agua encima de los coches… Habría que verse haciendo submarinismo por el paseo marítimo!!
Bicos.