Gústame este blog, xa falei o outro día del. Será a miña faceta de educador en Abeiro, que sei eu. Será que simplemente me gustan esas persoíñas en miniatura, o seu xeito de ver o mundo, de compartir o que pensan. Visitádeo, xa me contaredes (acabo de vir del, e parece estropeado; intentade visitalo cando se repoña).
Hoxe non me estenderei moito, estou en Ferrol, vai un frío de morte (de verdade, coido que os paxaros do parque de aquí ao lado non cantan porque morreron todos; quedarían “pajaritos”, hehehe -chiste malo, é o meu blog e fago o que queira-)… E estou enfermo. Teño unha tos que non podo con ela e o meu nariz parece un surtidor gratuíto, Fran, a ver que me podes dar que sexa bo para isto.
Nada, hoxe só dicir que volvín, que este blog non morre, e que como non sei de que falar, e xa que estou de vacacións e libre de mirar a informática con ollos obrigados, eis van dúas novas doutro blog que me gusta, abadia digital.com. Unha, sobre o cumpreanos do básico para todo informático: o transistor. Sen ese trebello non hai informática que valla. Sabiades que nun procesador actual, un pentium ou amd calquera, hai centos de millóns deses condenados cousos? Celebremos,pois, esoutra data tan sinalada: os 60 anos do transistor.
E a outra nova, sobre windows, máis de coña que outra cousa, como non podía ser doutro xeito neste tan particular sistema operativo. A alguén con moito tempo libre lle deu por recompilar os erros estúpidos que pode xenerar o sistema operativo do bo do Bill. Eis tendes algúns… (Aconsellado un nivel mínimo de inglés lido)
Para rematar, música…
Vaia, oh…
Vai ser que estás griposo…
Bueno, pois cousas quentes, ponte abrigado… E podes tomar algún destes preparados comerciais (que aquí non vou poñer, para non facer publicidade) que teñan anti-histamínico ou desconxestionante, tipo vasoconstrictor… ¿Sabes os que che digo?
Vémonos moi pronto, cóidate, meu.