Vaites! Pois si que había tempo que non tiñades novas miñas! Ben, tratarei de facelo mellor a partir de agora, hehe. É o que ten pasar tantas horas diante dun ordenador: ao cabo, non chegas a saber se as aproveitas ben, se te quedan cousas por facer, ou se realmente non te dá tempo a atender os asuntos pendientes (está claro, e este blog o demostra, que o “xa o farei mañá” nunca funciona).
Pero vaia, que dicía que me ía enmendar. Teño aquí diante a lista de todas as cousas que vos quería contar, e me dan para encher un mes. Por iso, vou ir engadindo as notas pendientes no mes de abril, aló onde correspondan, ben porque aconteceron nesa data, ben porque é o día no que terían que ter aparecido. Vale, e vou rematar a crónica desa segunda viaxe a Génova nalgún oco que haxa libre. Cando remate con todas (e me poño esta fin de semana coma límite), xa vos farei un índice.
Polo de agora, contarei o que me aconteceu este último 2 de abril, coma se hoxe fose 3 de abril (que non é, claro). Non é, nin máis nin menos, que alguén importante me deixou tremendamente sorprendido. Como di o título. Pero, como dixo aquel, imos por partes.
O 2 de abril foi un xoves normal, remataba o turno en Uficor, e a tarde a pensaba tranquiliña, de baixar ao ximnasio e traballar un pouco no proxecto. Si, xa sei que son o rei da fieshta, é o que hai. A cousa era que ese día a miña moza marchaba de Génova a Bélxica cuns amigos, a visitar a outro erasmus coñecido de seu, e pasara alí a semana antes de Semana Santa. Contra as catro da tarde, e en teoría para que non me preocupara, me ía chamar cando baixase do avión, e avisar de que todo ía ben. A cousa foi tal que así:
16.20 hrs., sona o meu móbil; vexo que é María, e comezo cunha broma, así juerguista como son eu…
Carlos (eu): Guten Morgen!!, ou como se diga
María: En Bélxica fálase francés, sería Bonjour
Escoitei un craaaack nalgún engranaxe do meu cerebro? Non? Vaia, pareceume…
C: Ah! bueno, o que sexa. Qué tal a viaxe??
M: Ben, agora ao final a aterrizaxe algo accidentada, o piloto baixaba a saltos en vez de facer a aproximación como Deus manda. Pasei un pouco de medo.
C: Vaia, e que tal? Qué ides facer agora?
M: Agarda, antes de nada teño que pedirche un favor
A traxedia, a miña traxedia persoal, comezou aquí, xa o entenderedes…
C: Dime
M: ¿Estás libre esta tarde/noite, a iso das 22:00?
C: Sí
M: ¿E tés o coche dispoñible para facer un recado?
Chan, chan, chaaaaannn, ¿algunha sospeita? Pola miña parte non…
C: Sí, claro, dime
M: É que necesito que te achegues ao aeroporto de Santiago a buscarme.
En calquera outro cerebro iso tería sonado como “Oéeee, oéeee”, pero no meu sonou así, de aí o da “traxedia”…
C: Vale, ¿e iso?
M: ¡Que non vou a Bélxica, senón a Coruñaaaaa!
A estas alturas era evidente, non? Pois para min non, oes, que seguía sen pillalo…
C: ….
M: ¡Que vou a pasar as vacacións en Coruña!!!
C: Ah, ¿e logo? ¿Cambiáronvos o voo ou algo?
Isto só se explica se temos en conta o efecto “shock”. Tiña que estar totalmente en shock, normalmente son coma calquera outro, sorpréndome coas sorpresas…
M: Que non, que teño os billetes comprados desde febreiro, que non había viaxe a Bélxica, que vou a pasar a Semana Santa en Coruña.
C: ¡Qué guai! ¿E ata cando vas estar?
M: Digamos que había un motivo para que non te puidese mandar os billetes da túa viaxe a Génova.
Unha viaxe que tiña para despois de Semana Santa, fin do inciso informativo…
C: ¿Sí? ¿Cal?
M: Que estamos os DOUS no billete
C: ¡Hala! Entón son… dúas semanas!! Qué ben!!
Vale, aí semella que xa o captei, verdade? Pois así, así…
(Despois de 10 minutos de conversación sobre cómo entreterse na Terminal 2 de Barajas durante 5 horas, que era o que tiña que agardar María até coller o avión para Compostela)
C: ¡Pero agarda! ¿Vas vir a Coruña a pasar as vacaciones? Ves para aquí???
Aí foi cando me chegou a sorpresa. Debía de estar asustada, non sei, igual estaba falta de adestramento…
Que? Que pasa? A vós nunca vos pasou de tardar máis de dez minutos en sorprendervos con algo?
Por certo, que a historia continuou ata chegar a casa de María, onde tampouco seus pais sabían que viña a Coruña. Dende a rúa, chamada para dar as boas noites, supostamente desde Bélxica:
– Ola, que tal? … si, xa chegamos… e vós que? vendo a tele, non?… si xa me parecía, como vía luz no salón…
E aí que aparece a cabeza do pai de María tras das cortinas. Vale, eles si que souberon sorprenderse ben. Mellorarei!!

Qué bueno, si es que lo cuentas y no te lo creen. Todos diciéndome: “Qué peligro lo de la sorpresa!! igual tiene él pensado darte una sorpresa a ti y se te chafan los planes”, o si no “A lo mejor tiene él cosas que hacer en vacaciones y no puede estar contigo”… Lo que no dijo nadie fue “A lo mejor pasa de ti y no se sorprende en absoluto con tu visita” jejjej… Eres un casiño!!
Y las fotos del post… qué tiempos aquellos!!! Éramos unos niños… 😉
Así me gusta, a seguir actualizando, yo sigo también con las mías a ver si nos ponemos al día que se nos quejan los fans.
Bicos!!