10 de decembro!!

Anque moitas cousas pasaron un dez de decembro, para min, hoxe, é o meu cumpreanos. 27 nada máis. Tampouco os levo tan mal, non?

Grazas a todos e todas os que vos lembrastes de min e atopastes un ratiño para me dedicardes… María, Nuria, Aida, Lucía, Jesús (foi o primeiro!), María e Ana, Carlos Lei, Dani, Fran Pi, Xabi Carrajo, Xabi Blanco, Sabela, Anxo, David Sánchez, Belén, Asun, María (de novo)… Grazas tamén aos que non atopastes un rato, e aínda así vos lembrastes (dígoo en serio, non é en absoluto reproche ningún).

E que fixen hoxe? Erguerme ás 5 e pouco, para vir dende Ferrol a traballar; traballar de 7 a 3; abrir a porta de casa para atopar á miña nai e a miña irmá María coa tarta e as velas (en número, que se cadra non daban tantas velas para tan pouca tarta); xantar en compaña da miña mamá, que me esperou por ser hoxe o día que é; e descansar!! (Deixei, por iso, para mañá algúns recados e tarefas que programara na miña axenda. Ben o merezo, que non tódolos días estou de cumpreanos; xa me perdoei e asignei a penitencia axeitada). Dixen xa que me erguín ás 5 da mañá? Tiña algo de sono…

E isto, porque onte estiven investigando blogues en galego e o atopei. Vía o blog dos pelachos:

A bisavoa María morreu hai dúas semanas aos 99 anos. Creo que viviu feliz toda a vida e non podo imaxinar que algunha vez tivese algún mal pensamento para ninguén. Foise apagando ao longo dunns pouquiños meses como unha candea que un ar de orixe incerta acaba por extinguir. Nunca estivo enferma e até hai ben poucos anos aínda ía a compra e facía a comida para todos os da casa.

Hai poucos días o primo Pedro, de cinco anos, preguntoulle á súa avoa, filla da avoa María:

-¿Y la abuela se murió de verdad?

-Sí, neniño.

-¿Y ya no vamos a verla nunca más? ¿No va a volver?

-No, neniño, ahora está en el cielo.

Entón o primo Pepe, de once, que tamén andaba por alí, engadiu todo contento:

-¡Qué contento debe de estar el abuelo después de tanto tiempo sin verla!

PD: Grazas mil, María, por ser a primeira en participares. E Fran, grazas por pedir actualización. Eis a tés.

4 reflexións sobre “10 de decembro!!

  1. miguelito

    ola ferrancho crocante! creo que pertenzo ós da lista segunda, a de sen reproche ningún 😛 …isto queda fatal dicilo pero lembreime de verdade! o q soe suceder: levaste lembrando mogollón de días antes (q se achega q se achega)..e chega o día e pataplaf! tereicho q compensar dalgunha forma…q xa sei o q ti queres de min (xa mo deixaches claro dende o comezo da nosa amizade :P)…enfin, feliz cumpredías! porque cumpres 1 día con 27 anos! e felicítote tamén polo teu bloque, levo tempo con gañas de sumarme, aver se me convences jeje. de momento, moi ben saber de ti (a verdade é que non me imaxinaba así o teu posto de traballo! quizais pola influencia simpsoniana…pero onde está a maquina de rosquillas?) e moitas risas cos videos.
    agora, q a xente se anime a postear! cotillas tomatoblogueiros, saíde dos vosos ciberrecunchos e abride a…tecla!
    un roustin-arrumaco, m.a.

  2. María

    Hola chico, ¿qué tal?

    Andaba navegando pola rede, a ver se sabía algo de ti, e o non actualizar imaxino que estarás chapando moito. Bueno, pois que teñas moita sorte, que só quedan 2 días. Para que poidas desconectar aí vai un video de Youtube de Luis Piedrahita, un monólogo sobre pixamas que non ten desperdicio. Xa falaremos. Bicos.

    http://www.youtube.com/watch?v=77T9fCkXbs0

  3. Fran

    Ola!!

    Tan só saudar!! Espero que esteas a disfrutar do “non-traballo”…

    Vémonos nuns días, apertas mil, rapaz!!

    PD: A seguires actualizando!! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.