Sorprendendo!

Se onte (falando do 2 de abril) quedaramos coa sorpresa que me deu María vindo a pasar dúas semanas de vacacións en Coruña, en lugar de irse a Bélxica con outros amigos (de novo, gracias!), o feito o día 3 de abril seguiu polo mesmo camiño.

Ben, pola mañá María chegou a baixar de compras, e medio se escondía para que non a visen, hehe! Así foi sorprendendo ao resto da familia durante o día, e pola noite, no tempo de ir tomar algo, sorprendendo á panda… A algunha persoa, literalmente, a fixemos baixar á rúa para saudala…

 foto-038

E logo, como non podía ser menos, ¡paparotada de celebración! Alá nos fomos os que estabamos, a comer coma descosidos ao restaurante asiático do Dolce Vita. Despois, por sermos animais de costumes, nos tomamos un algo no Galatea (no que só estabamos nós, se ve que non era un día propicio para saír, hehe). Como podedes ver, todo con moitas fotos. Habitualmente non temos tantas fotografías destes momentos, a cousa foi que María estaba aínda posuída polo afán Erasmus de inmortalizar todo momento compartido. Polo visto, da súa estancia en Génova xa ten arredor dos 5 Gigas de fotos e vídeos. A meirande parte, de viaxes e das fins de semana. Coido que debe ter algún par de fotos da facultade… Pero vaia, quen ten fotos da súa facultade?

foto-044 foto-041

foto-059 

¡Que mellor xeito de regresar! E mañá, ¡aínda máis!

Un comentario en “Sorprendendo!

  1. María

    Qué gracioso o rencontro coa panda, chegando pola noite a Panaderas coma se fose calquera outro día, jej. A verdade é que o pasamos guay, comendo sushi e verduriñas á plancha a reventar, e que coña Miguel co chupito de rosas, que parecía colonia!! Esa Manoli coas súas copas económicas contra a crise, e os puñados de caramelos que collemos da barra, coma se non tivésemos ceado bastante!!
    Pois nun par de meses máis rapaces, vémonos en nada.
    Bicos!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.