Arquivos do autor: carlos

Estou de exame…

E no podo dicir moito máis. Que estou un pouco histérico, porque é o último que tería que facer, e porque a teño atragantada desde que comecei na carreira. A cita, esta tarde ás 16.00 hrs. Tres horas contra diodos, transistores e amplificadores. A ver que tal me vai!

E xa está. Mañá xa vos contarei máis. Síntome un pouco como os protagonistas desta imaxe, con Tecnoloxía Electrónica (e Paradela, Lamas e compañía) no papel do garfo.

 

31

Pensando nas cousas invisibles…

Non vos pasa, ás veces, notar como se algo estivese termando de vós? Coma se alguén, meirande que todo o que podemos ver ou sentir, nos quixese máis do que nunca soñamos, e estivese máis preto de nós do que nunca imaxinamos? Como se, por un algo que levades dentro e non sabedes de onde saíu, fosedes quen de voar? Non vos pasou sentirvos quentiños por dentro? Deberiades probar…

fluela

5 días, apenas 5 días…

Unboxing dun grande producto

Hoxe non vos hai moito tempo para que escriba por aquí, os amplificadores reclámanme e non se lles pode dicir que non… Ademais, estou canso, e seguro non vou rendir moito. Onte fun de cea coa xente do traballo (UFICOR only), e como agardamos por Fernando que saía ás 11 non comezamos a festa ata ben tarde, así que alí na Fábrica, entre cañas e cañas… E despois, polo bo ambiente que se respiraba (o Marcos é un crack), quedei por alí un pouco máis, malia que o corpo me pedía horizontalidade e reposo. Fun con eles até o Feudo, onde había máis xente da oficina, que levaban de rachí dende o xantar (imaxinaredes como estaba algún). E quedei até as 3!

Así que nada, hoxe actualización de recheo. A min fíxome gracia, pero a vou poñer en antecedentes para que os que non saibades  o que é un unboxing vos aclaredes antes de ver o vídeo. O asunto este trata de facer pequenos vídeos abrindo algún producto dende cero: ti colles o teu portátil, ou o teu móbil, ou a túa consola, e dende a embalaxe, gravas como o abres (explicando, por suposto, as túas impresións ao respecto). Todo isto nun plano no que a ser posible só se vexan as túas mans e o producto en sí. Por exemplo: unboxing do asus EEE 1000H.

Pois aquí, outro impresionante producto, sen el non podo comezar o día.

http://www.youtube.com/watch?v=GHCHSJ4AxBw