Arquivos do autor: carlos

Táctica e estratexia

TÁCTICA Y ESTRATEGIA

Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos.

Mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible

Mi táctica
es quedarme en tu recuerdo
no sé cómo ni sé
con que pretexto
pero quedarme en vos

Mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
no haya telón
ni abismos.

Mi estrategia es
más profunda y más
simple
mi estrategia es
que un dia cualquiera
ni sé cómo ni sé
con que pretexto
por fin me necesites.

M. Benedetti

Só en galego estou na casa

Saio brevemente do meu retiro blogueiro para compartir con vós este pequeno vídeo. Que cadaquén pense o que queira, e se quere, que o comente aí abaixo. Eu quedo co título deste post.

PD: Voltarei axiña, que agora estou de medio vacacións, e en breve estarei de mudanza… Pero prometo volver, agora que me tomei o meu tempo para pensar nestas cousas da privacidade, a comunicación, e a internete. Saúde!!

Escalas pentatónicas

Se hai algo que me guste, me sorprenda e me resulte particularmente complicado de entender por completa, iso é a música. Non sei onde foi que lin sobre o oído absoluto, esa capacidade  identificar unhanota polo seu nome, ou producir exactamente esa nota, sen empregar unha nota de referencia. E quedei flipado, naturalmente.

Pero é que a música é ciencia, mira ti por onde, e resulta que alguén pode facer que as persoas adiviñemos como sona unha nota sen dicírnolo antes. Neste caso, trátase dun xogo coa escala pentatónica que fixo Bobby McFerrin (aquel do “Don’t Worry, be Happy”) no 2009 World Science Festival que tivo lugar en Nova York o mes pasado, a xeito de lección de música. Resultoume sorprendente que o público se anticipase á intención de Bobby McFerrin con tanto xeito, e tan afinados!

Por explicalo un pouquiño, dicir que entre as 7 notas “naturais” dunha escala cromática (de Do a Si), existen (ademais de 2 semitonos entre mi-fa e si-do) 5 tonos (entre do-re, re-mi, fa-sol, sol-la e la-si). Estas cinco notas (os sostenidos de Do, Re, Fa, Sol e La) configuran por si mesmas a escala pentatónica máis coñecida. Disque é propia de culturas asiáticas, e polo visto abonda con practicar tocando únicamente as teclas negras dun piano para que a melodía resultante teña un aire inconfundiblemente oriental.

Velaquí o vídeo desa pequena lección de música.

http://vimeo.com/5732745

Visto en | maikelnai’s blog