Si alguien está en desacuerdo contigo, déjalo vivir. No encontrarás a nadie parecido en cien mil millones de galaxias.
No puedo decir que no estoy en desacuerdo contigo.
Arquivos do autor: carlos
Servicio Técnico (Familiar)
Ains, o que temos que aturar os que sabemos de ordenadores. Outro vídeo xenial…
“¿Que es el format c? Yo le dije que si…”
Big Bang
Esta temporada vai de resaca de series, polo visto. Se hai uns días revisitaba Lost, hoxe tócalle a The Big Bang Theory. Porque eu cría que a canción era da serie… pero non! Seica é dun grupo con páxina en Wikipedia (Barenaked Ladies, se iso di algo do seu caché), e polo visto ten máis letra que a que se escoita na serie… E non a vou traducir, me pillades un pouco preguiceiro hoxe!
Tarefas pendientes
Atopei isto navegando por internet. Non lembro onde, porque por as miñas malas manías de gardar sen dicir de quen era, non teño o blog de onde o saquei. E posto que foi antes do formateo do ordenador, non hai histórico que valla. De calquera xeito, por aquí o deixo, con permiso do descoñecido autor.
E vós? Sabedes como tratar coas tarefas pendientes? Se vos quedan moito tempo no tinteiro? Porque o que é a min… Levo bastante tempo cunhas cantas tarefas atascadas no paso de “Faino”. Son desas cousas que non se poden delegar (non se quero que se fagan ben, hehe), e co de aplazalas non me vai moi ben, polo visto. Pero vaia, que estou de turno de noites, así que malo será que non saque algunha adiante… Porque agora si que xa non se poden aplazar máis!
Os guionistas de Lost
Simplemente xenial. En verdade algo así ten que ser.

