Arquivo da categoría: Cancións das miñas

Moving

Levo varios días con esta canción na cabeza… E me gusta!

(Moving, de Macaco)

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/07/macaco-moving.mp3]

Eu o que quería era poñer o vídeo, que está ben chulo, pero a discográfica vese que non deixa. Por describilo, encargouno National Geographic (polo aquel da conciencia ecolóxica que propón a canción, co gallo do día da terra), e nel participan algúns persoeiros ben coñecidos, como Bebe, La Mari, Juanes, Javier Cámara… Déixovos o enlace ao youtube aquí.

A letra, se seguides lendo…

Sigue lendo

The Bell

Pensando onte ao escribir a nota do día do Orgullo Friki, pensei irremediable e irremisiblemente en que cousas me definirían a min para ser friki. Si, que cousas ten o pensamento! Entre comics, ordenadores e libros de ciencia ficción, pensei na música que me gusta.

Non se pode dicir que o rock que me vai (Queen, Bruce Springsteen, M-Clan, Fito…) sexa moi friki, pero mira ti que acordei en que o primeiro CD que tiven foi de Mike Oldfield. Pode que moi friki non sexa, pero tampouco se pode dicir que sexa moi normal, non? A cantos dos presentes lles gusta a música de Mike Oldfield? Vaaaale, máis dos que pensaba. Cantos tedes máis de 15 discos seus? Xa me parecía que non erades tantos… Se cadra algúns só o coñecedes porque tocou despois de The Corrs, naquel concerto da Fin do Milenio, o 31 de xullo de 1999 en Santa Cruz. Sí, aquel do que non se sabe a ciencia certa cantas persoas había, se 100 ou 50.000. Eu era un, hehe! Por certo, digan o que digan, o tipo é un bo guitarrista, aínda que só sexa no seu estilo. Hei de confesar que desde Tr3s Lunas lle perdín un pouco a pista, coido que se lle foi a pinza cantidade, e deixou de gustarme. Así volvín ao rock, e como agora ando medio metido no soul, pois non dei regresado a Mike. 

Pois nada, velaquí outra cousa que aprendedes de min! Como xa teño unha categoría de cousas frikis no blog, e outra de música, pois que non se diga, imos poñer unha canción de Mike Oldfield que me gusta bastante (e hai unhas cantas así), e deixamos a frikeza para outro momento. A canción titúlase The Bell, e é do disco Tubular Bells II. Polo visto hai como 5 ou 6 versións diferentes, variando os instrumentos presentados e o presentador dos mesmos. Déixovos aquí a do disco que eu teño, e se iso outro día sigo poñendo cancións deste tipo. Polo de agora, desfrutade destes máis de 6 minutos a toda caña, que é como se disfruta, e tratade de diferenciar os instrumentos na melodía.

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/05/07-the-bell.mp3]

Stand by me

Voltamos ás andadas, unha nova das miñas cancións! Ben, nova, nova, non é… Coido que ten bastaaaaante tempo. Pero é unha desas cancións míticas que se non te gustan é que non es humano (ou non che gusta en absoluto a música, claro). Ademais, para min, ten un motivo especial…

Foi a primeira canción que bailei cunha rapaza que me gustara, así agharraos. Non contarei máis, que son un cabaleiro. E daquela tamén, hai tantos anos. Digamos só que non compartía (nin comparto agora) a tendencia adolescente de valorar ás mozas pola apariencia exterior, así como tantas outras tantas tendencias adolescentes. Neste caso, o aproveitar os agharraos para pillar cacho. Sempre fun bastante “antigo”. Por iso fíxoseme tan importante esta canción. Baileina coa primeira moza que de verdade me fixo sentir ese calorciño que vén de dentro, e por un momento, non houbo nada máis… A moza, a música e este torpe con dous pés esquerdos. Sen cacho que pillar!

Que lonxe está Génova para un agharrao! Hai que volver ao sitio aquel onde comezamos a bailar, cando chega a noite e a terra está a escuras, que ultimamente por aquí vai moito frío…

Desfrutade a canción con quen queirades!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/01-stand-by-me.mp3]

Sigue lendo

Oigo música

Unha nova canción das miñas… M-Clan!  Se hai un grupo co que me identificaría a xente que me viu tocar/tratar de cantar, ese sería M-Clan. Xa os debo de ter aburridos, en tódolos café concerto de Abeiro sempre emulando a esoutro Carlos (Tarque)… Que lle vou facer, me guuuuuusssta!

Esta é Oigo música, que viña no recopilatorio que sacaron os de Murcia hai un par de anos, e que preparamos para o primeiro café concerto da nova época. A que vos deixo aquí é a versión orixinal. Pero é que o certo é que nos quedou bastante curriña, con ese solo de eléctrica de Xabi… Por iso esta é a canción que escollo desta vez, por escoller unha concreta (porque me quedaría con tantas máis deste mesmo grupo…). Grazas dende aquí, por facerme querer un pouquiño máis esta canción aos que alí estaban, aquel día de decembro: o Xabi Carrajo, María, Johnny, Ángel, non-lembro-se-alguén-máis, e eu mesmo coma voz principal. Que ben o pasei! Repetimos? 

Iso, que oigo música en todas partes, dentro de mi cabeza, en cada instante! Desfrutádea e dádelle ás cordas!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/01-oigo-musica.mp3]

Sigue lendo