Arquivo da categoría: De todo un pouco

Pensando nas cousas invisibles…

Non vos pasa, ás veces, notar como se algo estivese termando de vós? Coma se alguén, meirande que todo o que podemos ver ou sentir, nos quixese máis do que nunca soñamos, e estivese máis preto de nós do que nunca imaxinamos? Como se, por un algo que levades dentro e non sabedes de onde saíu, fosedes quen de voar? Non vos pasou sentirvos quentiños por dentro? Deberiades probar…

fluela

5 días, apenas 5 días…

Unboxing dun grande producto

Hoxe non vos hai moito tempo para que escriba por aquí, os amplificadores reclámanme e non se lles pode dicir que non… Ademais, estou canso, e seguro non vou rendir moito. Onte fun de cea coa xente do traballo (UFICOR only), e como agardamos por Fernando que saía ás 11 non comezamos a festa ata ben tarde, así que alí na Fábrica, entre cañas e cañas… E despois, polo bo ambiente que se respiraba (o Marcos é un crack), quedei por alí un pouco máis, malia que o corpo me pedía horizontalidade e reposo. Fun con eles até o Feudo, onde había máis xente da oficina, que levaban de rachí dende o xantar (imaxinaredes como estaba algún). E quedei até as 3!

Así que nada, hoxe actualización de recheo. A min fíxome gracia, pero a vou poñer en antecedentes para que os que non saibades  o que é un unboxing vos aclaredes antes de ver o vídeo. O asunto este trata de facer pequenos vídeos abrindo algún producto dende cero: ti colles o teu portátil, ou o teu móbil, ou a túa consola, e dende a embalaxe, gravas como o abres (explicando, por suposto, as túas impresións ao respecto). Todo isto nun plano no que a ser posible só se vexan as túas mans e o producto en sí. Por exemplo: unboxing do asus EEE 1000H.

Pois aquí, outro impresionante producto, sen el non podo comezar o día.

http://www.youtube.com/watch?v=GHCHSJ4AxBw

Tempo leeeento

A falta de só 7 días para levar unha grande alegría (pois do exame que teño o día 17 non hei saber a nota até o ano que ven, case seguro, e esa sí que podería ser unha grandísima alegría), levo xa case dúas semanas facendo conta atrás. E entre o cumpreanos do outro día, o exame da semana que vén, e o avión que chega o día 19, o tempo estáme a pasar lento, lento… Coma neste vídeo.

PD: Mira que me gusta ver vídeos a cámara lenta, jeje!

Grazas, enxeñeiro/a

Atopei isto navegando por sitios de electrónica (blog electrónica), e me fixo gracia, sobre todo o segundo vídeo. Grazas á dedicación dos precursores da electrónica e aos enxeñeiros actuais, a nosa vida é diferente. 

Grazas aos enxeñeiros temos MP3…

 

Tamén temos teléfonos móbiles…

 

Os que o sodes, sentide fachenda de pertencer a tan destacada caste! E os que non, honrade a estes Leonardos da Vinci modernos!

10 de decembro (e van 28)

Aquí está, xa chegou, de novo un 10 de decembro. O primeiro día que estiven nesta rocha chamada planeta Terra. E con este, van 28. Sempre pensei que os anos son para cumprilos, e despois olvidar cantos tés, total, telos só ocupa espacio!

Pois nada, que aquí estou. Aquí sigo, e coido que xa é dicir bastante. Ogallá siga sendo feliz, e que todas esas personiñas que me fixeron e que me fan ser quen son sigan por aí. O bo que ten o Nadal é que, por unhas ou por outras, a xente que está lonxe, volve a casa. E nacer tan preto do Nadal provoca inevitablemente que non poidas botar moito de menos á xente que sabes que vas ver en moi pouquiño tempo. Ben é certo que tamén botas moitísimo máis de menos á que te falta. De calquera xeito, coido que o “equilibrio” é posible.

Gústame o meu cumpreanos, e ogallá que, esteades onde esteades, ás 14:59 (que coincide estupendamente co xantar/postre) ergades a vosa copa e brindedes á miña saúde. Eu hei pensar en vós, en todos e cada un/unha de vós!

 

Velaí outro 10 de decembro, hai 22 anos (ano 1986). En casa dos avós, en Arzobispo Xelmírez 16, 2º. Encantábame aquela casa, esa mesa e esas sillas… E eu sentado na cabeza, o sitio do meu avó, así que el seguramente xa marchara a Iñás, ou estaría descansando o xantar na sala. Como vedes, tarta feita na casa, e celebrándoo comigo, as miñas irmás e curmáns (os que había daquela!). Encántame o meu cumpreanos! (Nota: o champán, como vedes, está lonxe de nós, aí ao lado do café. Iso significa que todos os “maiores” estaban por alí, celebrando tamén. Espero que os que faltan tamén hoxe o celebren comigo!)