Arquivo da categoría: De todo un pouco

A música, une

O outro día atopei nalgún blog este vídeo que vos presento hoxe (está claro que teño un problema para citar as fontes dos meus posts). Polo visto, en www.playingforchange.com tratan de demostrar que a música une. O que fan é coller unha canción, e ir gravándoa con distintas voces e por distintos lugares do mundo.

Definen o proxecto como un “movemento multimedia creado para inspirar, conectar e traer paz ao mundo a través da música”. Nada menos. Parten da creenza de que a música pode coas fronteiras e as distancias que separan a xente, sen importar as orixes xeográficas, políticas, espirituais ou ideolóxicas. “A música ten o poder universal de trascender e unirnos como unha única raza humana”. Dende esa premisa, construíron un estudio musical móbil, e hala! a gravar cancións polo mundo.

Aquí tedes a súa versión de “Stand by me”, de Ben E. King (e teñen máis na súa páxina).

O sol rebotando no horizonte

Este vídeo xa o vin varias veces, e en varios sitios distintos. E por aquí nos queixamos de que non temos sol, neste veraniño tan tardío… Alí nunca deixan de telo!! Nin de noite!

O vídeo, realizado en time-lapse, condensa en algo máis dun minuto toda unha semana de movemento relativo do Sol nunha zona próxima ao polo, onde o Sol non chega a poñerse durante moitos meses. No canto diso, mostra un efecto tipo “rebote no horizonte”, ou o que se coñece como “sol de medianoite“.

Educación e galego

Non penso discutir sobre este tema, aínda que teño ben claro a postura que eu apoio. Como crítica a todo o proceso que se está levando a cabo e a absurda polémica que se está xenerando por parte dos galegos-que-non-saben-que-o-son (e con isto acábome de descubrir), velaquí un chiste que vin no xornal.com.

galego