Ou do demo…
via | Dosis Diarias
E tal foi así, que xa rematou xuño. Neste mes que non escribo, pasaron unhas cantas cousas, unhas aburridas, outras para lembrar, e outras largamente desexadas e esperadas. A cousa é que xa pasaron todas, así que tampouco hai por que mencionalas moito máis do que o faga agora, non? (E así tampouco teño que facer memoria, jeje)
As aburridas: os días de estudio pechado na cova, preparando o que espero sexa o derradeiro exame da carreira; os turnos no chollo, que aínda que non parei foron tan “nutritivos” coma case sempre, nestes últimos tempos…
As de lembrar: un San Xoán máis (distinto pola churrascada compartida con outros parientes da “familia salesiana”), a cea improvisada en casa de Lucía (eu só ía a entregar unhas postais de Génova, e acabei tomando unhas empanadillas de queixo ben ricas), a sudadeira de Nyeri no día da súa sardiñada (canto pode chegar a apetecer o monte, de cando en vez!)…
As largamente desexadas e esperadas: o 29 de xuño! Por dous motivos ben distintos: foi a data do exame de electrónica, por unha banda, e pola outra… María volveu a Coruña! E coido que con iso se di todo, así que…
Pero vale, recoñezo que non é un bo xeito de volver a comezar a postear aquí… Voume armar de post-it para tomar notas para recomezar co traballo por aquí. Comezamos!! (ben, agora marcho a durmir, que estou de turno de noites e xa me toca ir para cama, que levo case 24 horas seguidas en pé, espero que non vos moleste…)
Así é, comeza o mes máis estresante do ano. Adoita ser o mes do solete, do San Xoan, do comezo das vacacións (para case todos, non me refiro só aos estudiantes). Pero para min, dende hai tempo é o mes estresante por excelencia. Por todo iso de antes, precisamente, e porque nese solete e esa época de “fin de curso” coinciden os exames finais, as preparacións dos campamentos, a organización das vacacións, e o fin dos horarios de pasear e tomar algo (pois agora toca ir á praia, claro!).
Por todo ese estrés, velaquí algo para alivialo. E coido que o vou deixar permanente, por se me pilla un día de necesidade!
PD: Esta era a que che ía dedicar o outro día, pero non cuadrou ben. Agora, co comezo do mes “final”, aquí cha deixo, todiña para ti.
Ains, o que temos que aturar os que sabemos de ordenadores. Outro vídeo xenial…
“¿Que es el format c? Yo le dije que si…”
Esta temporada vai de resaca de series, polo visto. Se hai uns días revisitaba Lost, hoxe tócalle a The Big Bang Theory. Porque eu cría que a canción era da serie… pero non! Seica é dun grupo con páxina en Wikipedia (Barenaked Ladies, se iso di algo do seu caché), e polo visto ten máis letra que a que se escoita na serie… E non a vou traducir, me pillades un pouco preguiceiro hoxe!