Arquivo da categoría: Friki

Tecnoloxía da (case) idade de pedra

Tiña ganas de meterme un pouco cos fanáticos de Apple. Sinceramente, son de PC de toda a vida, e aínda que vexo moi bonitos e moi aquelados os Mac para o tema do deseño e esas cousas, non lles vexo tanta diferencia cos “ríxidos” PC. Ultimamente penso que o tema dos Mac é unha cousa de moda do momento, que non se me enfade ninguén. Hei de recoñecer que teño un iPod, e aínda non me sinto maqueiro en absoluto. Velaquí un chiste que atopei pola rede sobre outra das modas do momento…

Informaticamente falando

¿Quen dirá que os informáticos non poidan ser coma todo o mundo? Ao seu xeito, claro, pero igualiños que todo o mundo. Incluso máis románticos… (Mágoa que non poidades entender este vídeo)