Despois dos buses ateos, chega…
Arquivos do autor: carlos
Felicididades Fran!
Hoxe toca outra de cumpreanos… E pensar que este festeiro sexa doutor… Pois nada, dende aquí, moitas felicidades Francisco, benvido ao clube dos 28! (si, si, non aparentes sorpresa, que son os que veñen despois dos 27…)
PD: Por causas motivadas polo temporal, a este bloguiño se lle descolocaron as ideas, e esta nova tiña que ter aparecido contra as 10 da mañá de hoxe… Espero me saiban perdoar os premiados…
Ten fe en mí
Comezamos hoxe unha nova sección en 3w.miraunhacousa. Porque me gusta, me peta, quero e dáme a gana. E porque “yo lo valgo”. Querería, a partir de agora, compartir con vós, todos os martes, unha canción das miñas. Por “unha canción das miñas” defino aquelas cancións que me gustan por riba de todas as demais, que significan algo especial para min, ou que simplemente, me ecoan por dentro máis que o resto.
Hoxe comezamos cunha especial por varios motivos:
- é de Revólver, un dos meus grupos favoritos de sempre,
- a mensaxe que transmite gústame, polo aquel de “todos merecemos outra oportunidade” no que tanto creo,
- e por último, foi a primeira canción que verdadeiramente cantei con ganas diante de máis xente, na que me sentín máis cómodo, e a que primeiro compartín con esa moza que de verdade canta ben (e pensar que daquela me facía as voces a min!).
Así que sen máis preámbulos (obtusos, agudos ou rectos), Ten fe en mí, de Revólver (para a letra, seguide lendo)
[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/07-ten-fe-en-mi.mp3]
Des-estrés
Por se algunha vez vos vistes nunha situación comprometida cun ordenador, e polo prezo/cariño que lle tiñades á máquina non optastes pola vía violenta, velaquí vos propoño unha alternativa… Desfrutádea (con moderación… ou non)
El motivo por el que Internet Explorer es el mejor navegador
<ironia>Es que ningún otro navegador es capaz de mostrar tantas imagenes a la vez… </ironia>
<sarcasmo>¡¡Larga vida a Internet Explorer!!</sarcasmo>
vía | anieto2k


