Arquivos do autor: carlos

Crueldade…

Iso non se fai…

A historia: un neno na mañá de Reis Magos/Neno Xesús/Papá Noel, abrindo os seus agasallos. E vai e abre un dunha Xbox, e flipa por cores. E resulta que non é unha Xbox, senón roupa, porque os Reis Magoseno Xesús/Papá Noel non se poden permitir o que custa unha Xbox. E a cara do rapaz, que é un poema. E os acompañantes a dicirlle que a roupa é moi bonita, e tal… Pero non é unha Xbox! Xa non lle poñas a caixa, pónlle un laciño e listo, que tamén son bonitos!!

PD: Queeee vaaaa! Que si que lle regalaron a Xbox… Pero aínda así… Cos sentimentos non se xoga… Non?

Felicidades Aida!!!

Parabéns, pequena-da-panda!!

E estás por aquí, nada menos, así que desta volta podemos desfrutar da celebración contigo! Que cumpras moitos máis, e que neste ano nove e novo para ti (máis que para ninguén, jeje) sexas tan feliz como poidas ser, e todo o que queiras, o acades. E se non, xa de hoxe nun ano o volvemos mirar…

Moitas felicidades, desfruta do día!!

imagen-092  

Chiste matemático

Isto é un número infinito de matemáticos que entran nun bar. O primeiro pide unha cervexa. O segundo pide media cervexa. O terceiro pide un cuarto de cervexa, e así sucesivamente… Entón o camarero di «¡Idiotas!» e lles pón dúas cervexas.

Feliciano!!

Ou algo así…

Iso, que como vedes, isto está de vacacións. Anda María por Coruña, e iso hai que aproveitalo, que vai ser iso de andar escribindo en blogs cando un pode estar coa señora costela de un mesmo! 

Pero volvo, como o turrón por Nadal, ou o allo dunha mala comida, para felicitarvos a todos o aninovo. Van xa 27 fins de ano para min, e cada un é distinto do anterior… igual que o ano que sigue a esa noitevella. Non vos perdades nas uvas, andade con ollo co champán/cava, e que sexades moi felices nesta noite!

Feliz ano 2009! Adeus 2008, estiveches moi ben! Que todos nos vexamos nalgún momento destes vindeiros 365 días, iso espero!

nochevieja