Arquivos do autor: carlos

¿Sabes máis que un universitario de EEUU?

Mira que me gusta ultimamente poñer vídeos, cachis en diez! A ver se non o borran!

¿Sabes máis que un universitario de EEUU?

visto en noponengrancosa

{editado: Parece que non se pode ver se non é dende a propia youtube, así que deixo aquí a entrada directa}

{editado2: despois de ver esta entrada por segunda vez, preferín cambiar o título, para non caer en tópicos (de máis). Só podo cambiar este, en youtube ten o título orixinal e eu non podo cambialo}

Informaticamente falando

¿Quen dirá que os informáticos non poidan ser coma todo o mundo? Ao seu xeito, claro, pero igualiños que todo o mundo. Incluso máis románticos… (Mágoa que non poidades entender este vídeo)

 

Deus en agosto está de vacacións…

Onte, por ningunha razón en particular, mentres me durmía (practicamente en sentido literal) ás 7 da mañá no traballo, pensaba no título desta canción de Revólver. Ben é certo que estaba moi durmido, saín o sábado e madrugar non é sinxelo. (Por certo, que teñades moi boa viaxe, Nuria e Fer)

A ver, seguindo coa canción. Agosto, entre vacacións, tempos libres, tempos ocupados forzosamente mentres o resto do mundo ten tempos libres, e demais, deixa unha sensación estraña no corpo. Como se todo estivese ben, pero algo faltase. Coma se Deus collese vacacións de nós. Esta canción na que pensaba dáme tamén esa sensación.

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2008/09/11-diosen-agosto-esta-de-vacaciones.mp3]

Matemáticas e alfabetos

Onte (día no que se debería ter publicado este post) falaba con María sobre a cantidade de letras que hai nas matemáticas, e no complicado que así sexa: se todo fosen números, como nos di a xente de letras que por algunha casualidade chega a ver os apuntes das nosas asignaturas, ¡canto máis sinxelas serían as cousas! Cos números, as operacións non teñen máis que resolverse (paciencia, calculadora, lapis e goma de borrar son elementos indispensables para isto, e ao mellor a xente de letras non os domina tanto, jeje). Cando inclúes constantes e variables, expresadas como letras latinas ou gregas, todo se volve moito, moito máis complicado. Por iso, hoxe un recordatorio da cantidade de grego que sabemos todos os de ciencias.

Alfabeto grego

Das 24 letras que aquí aparecen eu cheguei a empregar (entre estatísticas, físicas, matemáticas variadas, e incluso algunha asignatura de programación e algoritmos) unhas 20. Non sabía que “mu” se escribía “mi”, mira ti cantas cousas se aprenden. ¿Cantas chegades a coñecer vós? ¿Sodes de letras ou ciencias? A batalla O debate está servido.