Arquivos do autor: carlos

Volvín! (unha rapidiña…)

Ben, o certo é que xa volvín hai semana e media, pero… Sónvos un preguiceiro de coidado!

Nestas semanas que estiven “fóra” non hai moito que contar, salvo…

… que o pasei moi ben en Tenerife, moi bo tempo (cando en Coruña chovía…), o hotel foi un auténtico “lujazo”,  e o Teide e a montaña tinerfeña, moi ben, gracias. Gustoume moito a paisaxe do Teide, coa coroa de árbores no medio da subida. E gustoume moito que o coche que alquilamos para movernos por alá, un Fiat Panda canijo de todo, tivese aire acondicionado. ¡Tiñades que ver que diferencias de temperatura ao saír do coche! Un día fomos tamén ao Loro Parque, o “must” de Tenerife, como dicía a publicidade. Tamén me gustou moito. E os libros que lin nas 8 horas diarias que pasabamos na praia (sen comer sequera, como o bufete do almorzo e da cea era tan “aspetacular”! ¡Que enchentas de papas arrugás, miña naiciña!)

En fin, vouno deixar estar, porque non teño nada malo que dicir destas vacacións das que desfrutei, porque o malo foi regresar o luns pola mañá e ter que ir traballar pola noite, e isto xa non serían vacacións.

E agora por aquí ando, coa festa do danetti en perspectiva, e “formando” a dous compañeiros que han vir traballar canda nós no choio. Isto é un non-parar de xente no Uficor. Preocupado, e bastante, porque aos avións lles dea por non voar a partir de agora (e non é unha broma en absoluto). E curioso ante a perspectiva de que chegue a pasar o que augura un español (manda chover na Habana!) co Gran Colisionador de Hadrones (LHC nas súas siglas en inglés) do CERN: disque din que aí contra o 10 de setembro se creará un burato negro estable no LHC en cuestión.

 E nada máis, que estou no traballo e non podo estenderme máis rato. Perdoade a velocidade das ideas e o sinxelo do informe das vacacións. Prometo ser máis expresivo de aquí en diante. Xa falaremos, un saúdo!!

Coa maleta na man…

Permitídeme un inciso, agora que acabo de rematar de facer a maleta (Tenerife, alá imos!!), para sacar do retiro vacacional o bloguiño este.

Acontece que o pasado sábado, mentres eu estaba de voda (non a miña, por se quedaban dúbidas), a panda de dexenerados e maleantes coa que ando dende hai máis de vinte anos (!!!!) se xuntaron para cumplir cunha proposta de hai dez anos: a foto anual nos surfistas. O ano que vén, contade comigo, e xa seremos oito, que polo que vin faltou moita xente. Esta nota de hoxe adícovola a vós, que xa sabedes quen sodes (aos da foto e aos que non saímos nela).

Velaquí os tedes, sete das mellores persoas coas que tiven o placer de medrar (poño a foto atípica, que queda mellor):

 

Pechado por vacacións

Como era evidente, estamos pechados por vacacións. Dun tempo a esta parte, vacacións de tempo libre, pois estivemos con bastante lío no traballo (os turnos de mañá adoitan durar máis do que deberían), e tamén estiven moi pendiente do campamento que medio-organizaba. Agora tócame unha semna de vacacións das de verdade, de coller avión e apagar o móbil. Como me gustaaaa!! (que diría o case-retornado doutor pita). Ogallá todos puiderades/poidades desfrutar duns días de asueto onde, con quen e como vos pete, que diso se tratan as vacacións. Algúns ben merecidas as temos!!

Pois iso, nada máis. Até a volta!!

eliminar-cookies.jpg