La frase más excitante que se puede oir en la Ciencia, la que sin duda ha llevado a más descubrimientos, no es ¡Eureka! sino «¡Anda, qué curioso!»
– Isaac Asimov
No tengo talentos especiales. Sólo soy apasionadamente curioso.
– Albert Einstein
Indignación: ¡que carallo!
Cachondeo: ¡bueno, carallo, bueno!
Desplante: vai ó carallo
Inquisitivo: ¡que carallo é!
Contrariedad: tócate o carallo
Cansancio: deixate de caralladas
Ofensa: Este carallo é parvo!
Templanza: ¡cálmate, carallo!
Amenaza: ven, carallo, ven
Negación : non, carallo, non
Negación rotunda: nin carallo nin nada
Juramento: ¡me cago no carallo!
Ira: me cago no carallo, ¡carallo!
Alabanza: é un home de carallo
Duda: o carallo vintenove
Extrañeza: pero ¿que carallo pasa?
Desprecio: pásamo por debaixo do carallo
Animoso: dalle, carallo, dalle
Caprichoso: saíume do carallo
Cualitativo: non vale un carallo
Valorativo: róncalle o carallo
Fatalidad: ten carallo a cousa…!
Agotamiento: xa estou ata o carallo
Picardía: o caralliño
Metereología: fai un tempo do carallo
Lejanía: no quinto carallo
Porque o considero unha obra de enxeñería bastante importante…
Porque evita un rodeo de decenas de miles de quilómetros evitando toda Sudamérica…
Porque unha das esclusas do paso nos serve no traballo para ver como está o tempo pretiño da antena que xestionamos aló…
Porque non son quen de entender o sistema de desniveis entre o Pacífico e o Atlántico, e como os salvan as distintas esclusas do canal…
Velaquí vos deixo a viaxe polo canal de Panamá, dende o Atlántico até o Pacífico.
visto en | Microsiervos
Non te pelees cun Pilot de tinta líquida. O que gañe non vas ser ti. Ademais de perder, vas acabar perdido.
Hai momentos nos que manter un blog non é sinxelo, atópaste con que nin tés tempo, nin gañas, nin cousas das que falar, ou alomenos sen xeito de falar das cousas que queres contar a eses invisibles lectores que non o sabes, pero tés.
Eu estou nun deses momentos.
Estou sen tempos, porque dun xeito ou doutro, paso moitas horas diante dun ordenador, pero para facer outras cousas máis urxentes e productivas, que ao cabo un ten blog para falar e falar… ou non falar, como dicía o Manolo Rivas naquel poema que me regalou María. E cando toca non falar, o tempo mingua aínda máis buscando outras cousas nas que perderse.
Estou sen gañas, porque o que quero é ter por fin un tempo para min, libre de oficina, horarios e citas, e alomenos até o mércores non vai chegar ese momento. E porque teño gañas doutras cousas: que non me doa o xeonllo, marchar de viaxe, rematar os proxectos comezados… Sobre todo dalguén que teño lonxe, e que nalgúns momentos me falta de verdade da boa.
E estou sen palabras. Teño por aquí uns seis ou sete apuntes do que vos quería contar dende hai un par de semanas, pero non me sae o xeito. Os que me coñecedes en persoa o sabedes ben: non adoito ter conversas particularmente lúcidas ou interesantes. Miña nai sempre di que todo mo gardo dentro (que un se pregunta como o sabe, se mo gardo será que só eu o sei, digo eu). Pois hai épocas, como agora, na que, especialmente, o tubiño que vai da parte do cerebro onde están as ideas a esoutra parte onde está a vea literaria, se atasca monumentalmente. E non sae nada de nada. Este post é unha clara proba disto que estou falando (ou é que acaso fostes quen de chegar até aquí sen vos durmir polo camiño?).
Pero vaia, que o sigo intentando malia esta sequía mental. Gústame ter esta ventaniña por aquí, para compartir convosco cousiñas que penso ou atopo por aí. E non a vou pechar. Se tal, de cando en vez a arrimo, para manter a intriga… Polo de agora, só dicir que o sigo intentando.