Arquivo da categoría: De todo un pouco

Lego… estaba todo visto?

Pois vaia, eu vin un Hagrid feito con pezas de Lego no aeroporto de Malpensa, en Milán, e sei que hai bastantes máis cousas feitas con eses cachiños de plástico… Sempre me ven á cabeza aquel capítulo dos Simpson no que van a un parque de atraccións no que todo está feito con pezas de Lego: incluído o río do parque e a camiseta recordo que se leva Bart … Pero isto xa me parece o colmo: unha caixa forte (funcional e todo) feita de pezas de Lego (claramente, por fanáticos do asunto).

A Lego Safe mide 38x38x38 cm. e pesa 6’5 quilos.  Polo visto, o cacharro ten un sistema de peche electrónico codificado con 5 dobles díxitos. Hai máis de 305.000 millóns de combinacións posibles… Malia que no fondo, segue estando feitas de pezas de Lego… Un pasatempo interesante!

caja-fuerte-lego 

vía | Abadia digital

Sigue lendo

Crisis?

No pretendamos que las cosas cambien, si siempre hacemos lo mismo. La crisis es la mejor bendición que puede sucederle a personas y países, porque la crisis trae progresos. La creatividad nace de la angustia como el día nace de la noche oscura. Es en la crisis que nace la inventiva, los descubrimientos y las grandes estrategias. Quien supera la crisis se supera a sí mismo sin quedar “superado”.

Quien atribuye a la crisis sus fracasos y penurias, violenta su propio talento y respeta más a los problemas que a las soluciones. La verdadera crisis, es la crisis de la incompetencia. El inconveniente de las personas y los países es la pereza para encontrar las salidas y soluciones. Sin crisis no hay desafíos, sin desafíos la vida es una rutina, una lenta agonía. Sin crisis no hay méritos. Es en la crisis donde aflora lo mejor de cada uno, porque sin crisis todo viento es caricia. Hablar de crisis es promoverla, y callar en la crisis es exaltar el conformismo. En vez de esto, trabajemos duro. Acabemos de una vez con la única crisis amenazadora, que es la tragedia de no querer luchar por superarla.

 

Nestes tempos incertos, escoitemos falar de crise noutro sentido… Isto díxoo Albert Einstein, hai anos e anos. Coma se fose hoxe mesmo…

via | andar lento a través de microsiervos

Ten fe en mí

Comezamos hoxe unha nova sección en 3w.miraunhacousa. Porque me gusta, me peta, quero e dáme a gana. E porque “yo lo valgo”. Querería, a partir de agora, compartir con vós, todos os martes, unha canción das miñas. Por “unha canción das miñas” defino aquelas cancións que me gustan por riba de todas as demais, que significan algo especial para min, ou que simplemente, me ecoan por dentro máis que o resto.

Hoxe comezamos cunha especial por varios motivos:

  • é de Revólver, un dos meus grupos favoritos de sempre, 
  • a mensaxe que transmite gústame, polo aquel de “todos merecemos outra oportunidade” no que tanto creo,
  • e por último, foi a primeira canción que verdadeiramente cantei con ganas diante de máis xente, na que me sentín máis  cómodo, e a que primeiro compartín con esa moza que de verdade canta ben (e pensar que daquela me facía as voces a min!).

Así que sen máis preámbulos (obtusos, agudos ou rectos), Ten fe en mí, de Revólver (para a letra, seguide lendo)

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/07-ten-fe-en-mi.mp3]

Sigue lendo