vía SLY Los Guays (como non podía ser doutro xeito)
Adicado a María e Fran, para que riades e vos despistedes de que non actualizo con moita frecuencia…
vía SLY Los Guays (como non podía ser doutro xeito)
Adicado a María e Fran, para que riades e vos despistedes de que non actualizo con moita frecuencia…
O de hoxe é un post bastante longo e copiado literalmente de Historias de la ciencia, espero que o desfrutedes.
El 28 de enero de 1986, el excesivamente administrado programa espacial estadounidense alcanzó su nadir. Bajo la presión de tener que probar que el transbordador servía para lanzamientos sucesivos, funcionando como un camión, las administraciones de la NASA y de sus contratistas prefirieron ignorar las advertencias de los ingenieros.
Mira que me gusta o de ver vídeos de cousas a cámara lenta (como ben se puido ver aquí), pero con este tiven escalofrío…
http://es.youtube.com/watch?v=Av9bJ_6VSGcAsí é, benqueridos lectores e lectoras, onde queira que vos atopedes. Sabede que este humilde servidor rematou os seus días de descanso despois daquelas dúas semanas de currar sen a acostumada fin de semana no medio. E pareceume que tampouco estes catro días foron moi de descansar.
Non podo dicir moi a miúdo que me queixe por ter dous traballos… Agás esta semana. Escarallouse o servidor central da oficina onde estou de servicio técnico. Algo debeu pasar na fin de semana, porque a última vez que fora por alí non lle pasaba nada. O luns cheguei a deixar un pc ao que lle tivera que actualizar o sistema operativo, e me atopei con que o servidor estaba facendo cousas raras. Pobriño de min, intereseime por el. Como fago máis podendo sentar (e non era así na oficina), levei o servidor para a casa e alí me puxen con el. A tarde do luns paseina tratando de actualizar o sistema operativo cascado e volvendo atrás sobre os meus pasos. Tres veces. O martes desistín de todo intento de recuperación e estiven das 8’00 ás 22’00 particionando, formatando, instalando de cero, copiando, “mirrorizando” (toma new word!) co menos que amigable windows 2000 e a nai que fixo ao Bill Portas. Pero deixeino case listo. Outras 5 horas o mércores, para ter o servidor posto no seu sitio na oficina ás 14’00. Despois, e xa que estaba nesas, deume por configurar todo o parque de pc da oficina para acceder a eles por escritorio remoto (cousa que hoxe, que estou en Ferrol, agradecín enormemente). Saín da oficina arredor das 17’00, sen nada pendiente para dentro doutras dúas semanas… Espero.
E hoxe descansar, descansei. Non fixen ren. O fastidiado é que mañá de novo ao curro en Uficor. En turno de mañá… Pero para o xoves que vén, alomenos me vou dar unha alegría, que marchamos uns cantos a facer kayak polo Sil. Xa vos contarei, e se vexo que tal, poño até unha foto miña (que aínda non o fixen nunca, jeje).
Notaredes que o post de hoxe está a cabalo entre unha queixa e un desafogo. Que carallo! Tamén para iso teño un blog! (Non é que me exprese tan ben coma o /doutorpita, pero fago o que podo)
Saúdos e descanso para todos (os que poidades desfrutalo!)
Por fin! Despois de dúas semanas completiñas (4 días de tarde, 2 de mañá, 1 de descanso e outros 7 de tarde), por fin remato este turno. Pido dende aquí perdón ás persoas coas que estaba onte á noite (despois de saír do curro ás 23.00), pois estaban a falar comigo i eu non daba aguantado esperto. Vos decatastes algunha vez que neses momentos somos os ases dos monosílabos?
Alguén que estaba falando: Está claro que a producción de enerxía ten que seguir outros camiños, o petróleo agótase e as renovables non dan para o nivel de vida ao que estamos afeitos, logo haberá que tirar polas nucleares, pero con sentidiño, non?
Eu: Si, claro (-toma bisílabo!- mentres o que me preocupaba era que se notase que non atendera a nada do dito) .
De novo, perdón. O luns descansarei abondo para volver a ser persoa. E agora, un chisteciño do que hei de facer estes días: PROXECTAR (Ai, que pouco me queda… que pouquiño me queda!!). Velaquí algunhas imaxes do proceso e visións dun mesmo proxecto…