Arquivo da categoría: De todo un pouco

Sorprendendo!

Se onte (falando do 2 de abril) quedaramos coa sorpresa que me deu María vindo a pasar dúas semanas de vacacións en Coruña, en lugar de irse a Bélxica con outros amigos (de novo, gracias!), o feito o día 3 de abril seguiu polo mesmo camiño.

Ben, pola mañá María chegou a baixar de compras, e medio se escondía para que non a visen, hehe! Así foi sorprendendo ao resto da familia durante o día, e pola noite, no tempo de ir tomar algo, sorprendendo á panda… A algunha persoa, literalmente, a fixemos baixar á rúa para saudala…

Sigue lendo

Sorprendido (ás veces, de min mesmo)

Vaites! Pois si que había tempo que non tiñades novas miñas! Ben, tratarei de facelo mellor a partir de agora, hehe. É o que ten pasar tantas horas diante dun ordenador: ao cabo, non chegas a saber se as aproveitas ben, se te quedan cousas por facer, ou se realmente non te dá tempo a atender os asuntos pendientes (está claro, e este blog o demostra, que o “xa o farei mañá” nunca funciona).

Pero vaia, que dicía que me ía enmendar. Teño aquí diante a lista de todas as cousas que vos quería contar, e me dan para encher un mes. Por iso, vou ir engadindo as notas pendientes no mes de abril, aló onde correspondan, ben porque aconteceron nesa data, ben porque é o día no que terían que ter aparecido. Vale, e vou rematar a crónica desa segunda viaxe a Génova nalgún oco que haxa libre. Cando remate con todas (e me poño esta fin de semana coma límite), xa vos farei un índice.

Polo de agora, contarei o que me aconteceu este último 2 de abril, coma se hoxe fose 3 de abril (que non é, claro). Non é, nin máis nin menos, que alguén importante me deixou tremendamente sorprendido. Como di o título. Pero, como dixo aquel, imos por partes.

Sigue lendo

Desde Youtube con amor…

Parece que non foi posible o de “mañá con sorte comezarei coa crónica da viaxe…”, síntese no alma. Évos o que ten ser unha persoa ocupada, hehehe. De calquera xeito, e porque foi unha parte importante da conversa da noite pasada, aquí vos deixo varias versións dun mesmo videoclip. A piques estiven de dicir “a mesma canción”, pero vai ser que non… Nessun giorno senza musica!

A prime (a de verdade):

http://www.youtube.com/watch?v=x1nixzYHDus

Sigue lendo

¡San Pepe!

Por alguna razón que no llego a comprender (y esa es por qué programe este post para el 19 de marzo de ¡2010!), esta noticia no apareció. Corrijo hoy este problema, con fecha del día adecuado… Espero me disculpen mis lectores…

Hoy, post festivo, que hay pocas ganas, jeje. ¡¡Humor toca!!

 

19 de marzo, San Pepe, día del Padre

la-fuerza 

 

19 de marzo, San Pepe, patrón de los ingenieros

ing_sin_comunicacion0ra1 

 

Y felicidades a todos los ingenieros e ingenieras, Josés, Pepes y Pepas, Josefinas y Mª Josés, y todos los Josés con segundo nombre (que ellos nunca saben bien cuándo celebrar su día). ¡Muchas felicidades! Y muchas felicidades a mi madrina, que además de santo está de cumpleaños. ¡¡Un besote!!