Arquivo da categoría: De todo un pouco

A puntuación é poderosa

imagen5 

Traducción (libre, e aquí xa non tería gracia, claro, porque a cuestión é o xogo de palabras):

Un profesor de inglés escribiu as palabras: “Unha muller sen home non é nada” na pizarra e pediu aos seus alumnos que puxesen os signos de puntuación axeitados.

Todos os homes da clase escribiron: “Unha muller, sen home, non é nada”.

Todas as mulleres da clase escribiron: Sen unha muller: o home non é nada”.

A Puntuación é poderosa

(a ver se se enteran os que escriben coma se escribisen no móbil…)

Dúbidas da vida laboral

Cómo se fai para valorar as horas de traballo?

Quen decide canto vale unha hora de dedicación laboral?

Falando do mundo laboral (coñezo tamén o voluntariado, e sería outra cousa), se non hai ninguén que faga o que ti, por sinxelo que sexa, non debería iso estar ben valorado? E por tanto, ben pagado?

En fin, dúbidas de xoves, véspera de turno de mañá…

brave-tomato 

Só quedan 3 meses…

Así é. A cita dos eslayeros na fonte dos surfistas. Dentro 3 meses, o primeiro sábado de agosto, ás 20:00 hrs., faremos A Foto deste ano (A Foto en maiúsculas, claro, aínda que despois sexa máis ben “O Álbum”).

Ti, eslayero ou eslayera, ¿vas faltar?

p1000811 

Internet hai 40 anos

Hoxe algo que tiña pendiente de poñer por aquí dende que o vin no Atlas of Cyberspace, dispoñible para descargar gratuítamente a través de internet

Velaquí un mapa da internet (ou do ARPA, como se lle chamaba entón) hai corenta anos. Semella que as cousas cambiaran, que agora todo ten internet, todo está conectado á rede de redes, máis aló dos propios ordenadores: neveras, GPS, móbiles, televisores… Todo medra, che!

Atlas_with_cover_high_Página_029_Imagen_0001  

 

Sigue lendo

Día 7: Gita a Genova

E así foi, chegou o último día de estancia en Londres, e con el, o regreso en avión. Só que esta vez quen regresaba era María, que eu aínda continuaba as miñas vacacións de marzo…

Pouco se pode dicir dun día no que basicamente todo o que fixemos foi viaxar, e seguir viaxando: que se buses, trens, avións… Comezamos o día ben cediño, para que non nos pillara o tempo, pero practicamente xa coas maletas feitas. Recollemos a casa de Pablo e José, deixámolo todo limpiño, e alá marchamos a coller o DLR a Strattford. Só que non había DLR (e iso o soubemos xa cos billetes mercados!). Sen problema, consultamos alí na estación cun traballador do metro, quen nos indicou que había que coller o bus fóra da estación, que facía o mesmo percorrido.

Sigue lendo