Arquivos do autor: carlos

Marabilloso… de cando en vez

Ben certo é: vivimos nun mundo marabilloso… case sempre. Algúns titulares do xornal de hoxe:

Hallado el cadáver carbonizado de una mujer en una finca agrícola en Cartagena.
Según publica la prensa regional, la joven habría sido violada y posteriormente degollada con un cuchillo. Además, le habrían cortado los cinco dedos de la mano.

Detenido por pegar a su mujer y quemar a su hijo de 17 meses con un cigarro
El agresor golpeó a su mujer en la espalda, cara y piernas y quemó al pequeño con un cigarrillo en la mejilla derecha y le pilló un pie con una puerta

Sangrienta y violenta jornada en Irak con al menos 47 muertos.
La denominada «zona verde», el enclave fortificado que alberga la embajada de Estados Unidos, ha sufrido dos ataques con morteros.

Un muerto, cien heridos y 400 detenidos en las manifestaciones del Año Nuevo kurdo

Las carreteras registran 50 muertos desde el inicio de la Semana Santa

En fin… este Domingo de Resurrección pilloume do revés. Saúdos a todos, e que de verdade, aquel Suso resucite en e para todos e todas nós.  Que boa falta nos fai!

Facéndolle o eco a Louis, porque despois de todo é así… qué mundo tan marabilloso!

Noite de temporal

Brrrr!! Vaia noiteciña que vai aí fóra!

Acabo de volver de ir xogar aos birlos (como diría aquel Pedro Picapedra do Xabarín Club), e xa non apeteceu seguir a noite por aí. Que mellor que quedar na casiña, ver unha peli e deitarse cedo (mágoa da falta de compañía)…

Como o tiña pendente, e posto que de certo foi flipante, velaquí unhas fotos do temporal do outro día, o que tirou co Paseo Marítimo. Como dicía o outro: é que non se lle poden poñer portas ao mar!

 temporal-marzo-2008_001.jpg temporal-marzo-2008_002.jpg temporal-marzo-2008_032.jpg  

Sigue lendo

Morriña de ti

É curioso como o subconsciente/inconsciente lle gasta a un tan boas/malas pasadas.

Non vos pasou nunca? Iso de soñardes con xente que xa marchou, con persoas dun “antes” das vosas vidas, desas que hai moito que non vedes, coas que hai tempo e tempo que non falades? A min, si. Esta mesma noite, e hai unhas semanas, practicamente tódalas noites.

Non vos vou contar soño ningún, non vos preocupedes… Simplemente quería compartir con vós.

Para comezar, comparto a sorpresa de que as nosas cabeciñas sexan capaces de traer aos soños cousas que xa nin sabiamos que lembrabamos. O xesto particular daquela persoa que viamos tódolos días e nunca botamos en falta até que faltou. O xeito de rir daquel amigo, aquel riso que, sen sequera mirar, só con oílo, sabiamos de quen era. As mans grandes e fortes do avó que vos aprendeu a poñer un cravo ao facer a caseta daquel can coa orella rota. O olor daquela colonia nas camisas do teu pai no almorzo dos días de semana.

Para continuar, comparto a alegría de soñar todo iso e de súpeto decatarse de que as cousas xa non son así. Xa non sona nunca o riso daquel amigo; aquel compañeiro de clase xa non senta cabo de ti no bús; non sabes onde, pero nalgún sitio perdiches aqueloutra voz que tanto te gustaba escoitar ao outro lado do teléfono; ou te decatas de que, sen realmente saber a razón, hai mogollón de tempo que non conversas con esa irmá coa que tés pasado tantas horas falando. Pero soñas con todo iso que esqueceras e es feliz. E sabes que o perdiches, que marchou, que non o tés… Pero es feliz. E queres seguir soñando moito, moito rato.

Para rematar, comparto o odio que lle teño aos despertadores. Toda esa ledicia de recuperar en soños o que a túa memoria perdeu nalgures, se esvae co zunido do despertador. E te sintes estraño, aínda cun sorriso nos beizos, pero querendo volver a durmir e seguir lembrando… Ou coas gañas de comezar o día facendo iso que soñaches que xa nunca fas porque xa es maior, porque xa non pega, porque non deberías ou non podes… E sí, cun aquel no peito: unha renovada sensación de perda que o soño espertou en ti.

Así me erguín hoxe, entre contento e triste, con ese sentimento tan do noso, e tamén tan “humano”, que até exportamos a palabriña. Hoxe só quería dicircho (e o post remata coma comezou, nun círculo redondo, redondo)…

Hoxe, que saibas que teño morriña de ti.

26.jpg