Arquivos do autor: carlos

Outro máis que rematou!!

Continuamos coas felicitacións, nesta ocasión, para Fran Villaamil, que rematou (dirá el: por fin!!) a súa licenciatura en Filoloxía Inglesa (ese é o nome da carreira, non?). Como se nota que os profesores tampouco fan moito en vacacións de Nadal, que todos volvemos á normalidade agora, á metade de xaneiro. Ben, todos non, que os universitarios de ciencias (o meu caso con Física é particular, sempre o foi) volvemos sempre a pleno rendemento xa dende o día 8, despois de Reis, sen tempo sequera a comentar cos compañeiros os agasallos que nos trouxeron Baltasar e os outros dous (nótase quen é o meu favorito?)

Ben, iso, que moitas felicidades, Francisco, outro licenciado máis. Este seguro que se nos marcha axiña para a illa esta dos perros ingleses, ou se cadra un pouco máis ao oeste cos irmáns irlandeses. Cando esteas coas Guinness, non esquezas brindar por nós!! E falando de Guinness, digo eu que te tocará invitar a unha, non?

Esta vai por ti, polo título, e polo artista. E porque me peta… É o meu blog, non?

http://es.youtube.com/watch?v=8rGFfO5fUvE

Por certo, como podedes comprobar pola hora, hoxe volveu tocar currar. Pero libro a finde enteira!! Sabedes que acabo de estar falando co homenaxeado de onte polo Messenger? Que chea de noctámbulos hai polo mundo adiante!

Aprobou!!

Pospoño un día máis a entrada sobre a banda da tele, para dar outra boa nova a nivel académico. Dende onte, oficialmente, hai un novo avogado na cidade. Dende aquí felicito de todo corazón a Jesús Spósito por ese último aprobado. Mira que se fixo de rogar! Agora a preparar o carné de conducir, non? Que estás en racha!!!

Iso, que de novo, moitas felicidades, compañeiro! Noraboa pola licenciatura! Apúntame unha, que xa case chego!

Para continuar por completo co día de onte, outra frikada máis, como di miña irmá. Hai que ter mooooita moral. Trátase dun dominó con 1500 discos duros de Xbox. Están tolos estes frikis!!

Para rematar, un post de Abadia Digital: as portadas ocultas de Google. Picade aquí para velo, que alomenos está curioso: o google klingon (para fans de star trek), o google elmer (o de bugs bunny)…

Espero que vos guste… Por certo, para os que preguntades polo café concerto do outro día en Abeiro, sabede que o pasei moi ben, e, ata onde sei, a canción que cantei con María (“Dando Vueltas”, de M-Clan) quedou bastante ben. A que cantou María e eu acompañei coa acústica quedou mellor, claro. Moito mellor. Cando me dea permiso, cólgovos aquí unha das cancións que está gravando para un disco que me pre-regalou polo cumpreanos. Xa fliparedes coma eu flipo cando a escoito cantar. (Isto vai polos comentarios que me deixades, non pensei que os habería e até hoxe non os revisara!!)

Saúdos a todos, mañá con sorte vos escribo dende Ferrol, que me vou ver á moza. Abur!

Aprobei!!

Para inaugurar o ano en 3w.miraunhacousa.es, que mellor que facelo cunha boa nova. Non foi sen tempo, a verdade, pero por fin podo dicir que xa non teño que volver examinarme de Física das Máquinas Computacionais, esa espiña que levo cravada no meu expediente universitario durante tanto tempo. Si, señoras e señores, aprobei á fin a condenada asignatura. Non foi sen tempo!

Seguindo coa ciencia, probade a entrar nas ligazóns que están aí á dereita. Gústame moito o blog de MalaCiencia e mais o de Historias de la Ciencia. Se non sodes de letras (ou se o sodes e queredes variar, jeje), de seguro que atopades algunha entrada que vos guste.

Mañá xa volverei actualizar, querería falarvos da Banda da Tele, porque non deixa de ser gracioso que as persoas que vemos na tele teñan unha vida igual que o resto dos mortais (incluído fotolog!). Ben, iso mañá. Hoxe, xa que estamos científicos, un invento curioso e totalmente inútil, vía nopuedocreer.com/quelohayaninventado. Hai que ter moito tempo libre…

PD: o aprobado, á fin, vai por ti, que non me vas ler; sempre te lembraba ao estudar ou comezar os exames de Física.

Remata 2007 (e traballo até as 23.00, xustiño, xustiño…)

Non hai primeiro de xaneiro sen 31 de Nadal, e hoxe é tal día. En todas partes les ou ves cousas tales como “rematou outro ano máis, tantas cousas vividas, tantas outras por vir”, e así… O certo é que, sí, pasou un ano máis, e outro está por vir, tamén. Ogallá todos teñamos proxectos, desexos e soños que cumprir nestes novos 366 días (que o 2008 é bisesto!!). E nada máis que dicir por hoxe. A quen non vexa antes (e seredes todos, que agora estou no chollo e non saio máis que para tomar as uvas), vémonos o ano que ven, sede bos e comezade con bo pé o novo ano. Eu vou comezar por deixar o pelo largo.

Feliz aninovo!!

Saúde, amor, traballo e amizade para todos e todas. Que a choiva de felicidade desta noite vos pille co paraugas roto, vos empape e salpique a quen tedes ao lado. Feliz aninovo!!

25 de Nadal (sen gañar á lotería)

Estou no traballo, e quedando moi durmido. En dous días durmín pouco máis de 6 horas, e semella que non abondan en absoluto. É o que ten o Nadal! E que fixen? Basicamente, comer e volver comer.

Enganchei paparotadas bestiais dende o mércores até o sábado: o mércores, xantar de UFINET; o xoves, pincho de Getronics, cea de CIP no Alborada (que ben se come alí) e posterior festa no parque en Ferrol; o venres, recoller todo o de Ferrol para volver a Coruña, e pola noite cea de CIG, de novo no Alborada (distinto menú, distinta compaña, igual de festa!); e o sábado, celebración tardía do meu cumpreanos en Iñás coas miñas xentes, con grande éxito de crítica e público. Ese sábado cheguei á casa ás 8 da mañá. O domingo tamén saímos un pouco e me deitei non moi cedo, pois non tódolos días se ten oportunidade de tomar algo tranquilamente con Nuria e Aida, exiliadas traballadoras por esas terriñas de Deus. Continuando co luns, cea de Nadal, tras erguerme ás seis para ir currar (a xente na oficina marchou ás 12:00, afortunados eles e elas), unha tortilla ás presas para chegar á pachanga futboleira das 16.00 hrs na catedral do fútbol sala coruñés. Entre ensaio de cancións para a Misa da Galiña das 20.00, e a propia misa, non houbo tempo de aquelar a cabeza un pouco, así que para cando marchamos da casa dos meus padriños despois da cea (de novo, abundante abundante, como non podía ser doutro xeito) e de xogar un torneo de golf á Wii, que contra todo pronóstico remontei até a plata tras levar 6 hoios de cuarto… pois a esas horas xa era tarde outra vez, e só quedaba tempo para durmir tres horas antes de vir traballar. Non me podo queixar, agás polo sono que me leva o sentido de cando en vez. Todo isto que fixen estes días fíxeno querendo, e ademais paseino moi ben en todas e cada unha das ocasións.

E abonda xa de falar de min, volvamos un pouco ao rego. Que tal o voso Nadal? Como o levades? Tocouvos a lotería algún? Apetécevos un Mac por Nadal? Non toleei, non. Tampouco me vou pasar a esoutro lado (estiven a piques de dicir “o lado escuro”, case, case), é só que descubrín uns anuncios que me fixeron coña. Moi tópicos, pero en absoluto típicos. Velaquí un, e por acolá os demais.

Ah! Por certo, Bo Nadal a todos e todas!

Ogallá pasedes estas festas na compaña dos vosos: desfrutade e desfrutade, e se vos queda tempo, volvede a desfrutar da vosa xente. Que as vosas boas intencións deixen de selo e saibades convertilas en boas accións nestas datas tan propicias. Que os Reis vos coiden moito e ben, e que a fin de ano sexa, simplemente, unha promesa de novas posibilidades para todos.

PD: querería estar máis inspirado, pero non hai xeito…