Arquivos do autor: carlos

The Final Countdown

Coido que a canción de hoxe se explica por sí soa. Todo un himno da década dos 80, e do rock en xeral. Resulta, ademais, que é a primeira canción que lembro que me gustara.

En serio, fóra das cancións das pelis de disney, de debuxos animados da tele, ou de bandas sonoras dalgunha peli mega-coñecida, esta é a primeira canción de música-música que lembro que me gustase. 

Para todos e todas, a berrar coma descosidos: It’s the final countdown!!! Cha-nana-na, cha-na-na-nachaaaaaaaán!!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/20-the-final-countdown.mp3]

Sigue lendo

Hoxe, fotos

Porque quixen, e punto. Unha foto deste Nadal, entrando no restaurante asiático do antigo mercado de Elviña (que agora non sei se ten outro nome…). O Papá Noel con máis barba barba son eu. E os demais, grandes persoas que teño a sorte de ter na miña vida. Un saúdo para eles.

img_1725 

E malia que chego un día tarde (non é que o esquecera, é que o post de onte xa era longo abondo!)… ¡Felicidades curmán! I é que tal día coma onte cumpriu (xa!) 19 anos o Xian, que para ser dez anos máis novo, ten máis pelo na cara ca min!

Velaquí outra fotiño, unha dos dous, así á “vaiche boa”, hai algúns anos… Vaia par… (O que vai de Melendi é el)

smdc0023 

Mil

Outra das miñas cancións… Máis ou menos… 

(Este post, hoxe, aínda que chegue tarde, só ten un espectador posible. E ti sabes quen es. Quen dixo que non me lembrei de ti o día 14?. Pero non me preguntes o que dis, non podo facer dúas cousas o mesmo tempo…)

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/02/18-pista-18.mp3]

Sigue lendo

Curiosidade

La frase más excitante que se puede oir en la Ciencia, la que sin duda ha llevado a más descubrimientos, no es ¡Eureka! sino «¡Anda, qué curioso!»

– Isaac Asimov

No tengo talentos especiales. Sólo soy apasionadamente curioso.

– Albert Einstein

20070318-3197680181