Arquivos do autor: carlos

Caralludo!

DICIONARIO GALEGO:
 
Resignación: ¡ay que carallo! 

Indignación: ¡que carallo!

Cachondeo: ¡bueno, carallo, bueno!

Desplante: vai ó carallo 

Inquisitivo: ¡que carallo é!

Contrariedad: tócate o carallo 

Cansancio: deixate de caralladas 

Ofensa: Este carallo é parvo! 

Templanza: ¡cálmate, carallo!

Amenaza: ven, carallo, ven 

Negación : non, carallo, non 

Negación rotunda: nin carallo nin nada 

Juramento: ¡me cago no carallo!

Ira: me cago no carallo, ¡carallo!

Alabanza: é un home de carallo 

Duda: o carallo vintenove 

Extrañeza: pero ¿que carallo pasa? 

Desprecio: pásamo por debaixo do carallo 

Animoso: dalle, carallo, dalle 

Caprichoso: saíume do carallo 

Cualitativo: non vale un carallo 

Valorativo: róncalle o carallo 

Fatalidad: ten carallo a cousa…!

Agotamiento: xa estou ata o carallo 

Picardía: o caralliño 

Metereología: fai un tempo do carallo 

Lejanía: no quinto carallo

Cruzando o canal de Panamá, en 2 minutos

Porque o considero unha obra de enxeñería bastante importante…

Porque evita un rodeo de decenas de miles de quilómetros evitando toda Sudamérica…

Porque unha das esclusas do paso nos serve no traballo para ver como está o tempo pretiño da antena que xestionamos aló…

Porque non son quen de entender o sistema de desniveis entre o Pacífico e o Atlántico, e como os salvan as distintas esclusas do canal…

Velaquí vos deixo a viaxe polo canal de Panamá, dende o Atlántico até o Pacífico.

visto en | Microsiervos

Stand by me

Voltamos ás andadas, unha nova das miñas cancións! Ben, nova, nova, non é… Coido que ten bastaaaaante tempo. Pero é unha desas cancións míticas que se non te gustan é que non es humano (ou non che gusta en absoluto a música, claro). Ademais, para min, ten un motivo especial…

Foi a primeira canción que bailei cunha rapaza que me gustara, así agharraos. Non contarei máis, que son un cabaleiro. E daquela tamén, hai tantos anos. Digamos só que non compartía (nin comparto agora) a tendencia adolescente de valorar ás mozas pola apariencia exterior, así como tantas outras tantas tendencias adolescentes. Neste caso, o aproveitar os agharraos para pillar cacho. Sempre fun bastante “antigo”. Por iso fíxoseme tan importante esta canción. Baileina coa primeira moza que de verdade me fixo sentir ese calorciño que vén de dentro, e por un momento, non houbo nada máis… A moza, a música e este torpe con dous pés esquerdos. Sen cacho que pillar!

Que lonxe está Génova para un agharrao! Hai que volver ao sitio aquel onde comezamos a bailar, cando chega a noite e a terra está a escuras, que ultimamente por aquí vai moito frío…

Desfrutade a canción con quen queirades!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/01-stand-by-me.mp3]

Sigue lendo

Sequía

Hai momentos nos que manter un blog non é sinxelo, atópaste con que nin tés tempo, nin gañas, nin cousas das que falar, ou alomenos sen xeito de falar das cousas que queres contar a eses invisibles lectores que non o sabes, pero tés.

Eu estou nun deses momentos.

Estou sen tempos, porque dun xeito ou doutro, paso moitas horas diante dun ordenador, pero para facer outras cousas máis urxentes e productivas, que ao cabo un ten blog para falar e falar… ou non falar, como dicía o Manolo Rivas naquel poema que me regalou María. E cando toca non falar, o tempo mingua aínda máis buscando outras cousas nas que perderse.

Estou sen gañas, porque o que quero é ter por fin un tempo para min, libre de oficina, horarios e citas, e alomenos até o mércores non vai chegar ese momento. E porque teño gañas doutras cousas: que non me doa o xeonllo, marchar de viaxe, rematar os proxectos comezados… Sobre todo dalguén que teño lonxe,  e que nalgúns momentos me falta de verdade da boa.

E estou sen palabras. Teño por aquí uns seis ou sete apuntes do que vos quería contar dende hai un par de semanas, pero non me sae o xeito. Os que me coñecedes en persoa o sabedes ben: non adoito ter conversas particularmente lúcidas ou interesantes. Miña nai sempre di que todo mo gardo dentro (que un se pregunta como o sabe, se mo gardo será que só eu o sei, digo eu). Pois hai épocas, como agora, na que, especialmente, o tubiño que vai da parte do cerebro onde están as ideas a esoutra parte onde está a vea literaria, se atasca monumentalmente. E non sae nada de nada. Este post é unha clara proba disto que estou falando (ou é que acaso fostes quen de chegar até aquí sen vos durmir polo camiño?). 

Pero vaia, que o sigo intentando malia esta sequía mental. Gústame ter esta ventaniña por aquí, para compartir convosco cousiñas que penso ou atopo por aí. E non a vou pechar. Se tal, de cando en vez a arrimo, para manter a intriga… Polo de agora, só dicir que o sigo intentando. 

2653266910_f89fc8b1de_b