Arquivos mensuais: Decembro 2008

Felicidades Juanocho e Lou!

Hoxe tócalles a Juan Soutullo e Pedro Loureiro, que se ben seguramente non lean este bloguiño, que por min non quede o felicitalos! A imaxe, unha antiga, máis por Juan que por Lou (quen ao cabo ten tiña ata hoxe a miña idade).

Moitas felicidades aos dous!

 

Edito: Parece que cometín un pequeno erro de axenda, e Lou non está de cumpreanos hoxe, que é 5, senón mañá, día 6. Perdoa tiu!! De calquera xeito, deixo xa a felicitación aquí, que estou moi vago hoxe.

Bioloxía Informática

  1. Unha célula humana contén 75 MB de información xenética.
  2. Un espermatozoide contén 37.5 MB.
  3. En cada mililitro de seme hai uns 100 millóns de espermatozoides.
  4. De media, unha exaculación proporciona 2.25 ml de seme en 5 segundos.
  5. Porén, mediante matemáticas básicas, calcúlase o ancho de banda do pene do macho humano como:

(37.5MB x 100M x 2.25)/5 =

= (37500000 bytes/espermatozoide x 100000000 espermatozoide/ml x 2,25 ml)/5 s =

= 1687500000000000 bytes/s = 1534,77 TeraBytes/sec

O cal pode ser considerado coma un ataque DoS.

Vía | Mangas Verdes

Diario de Viaxe (e XII)

E chegou o domingo de regreso… Tantos días, e a verdade xa teño gañas de durmir na miña camiña e de deixar de erguerme e ter que pensar onde estou. Pero o certo é que o pasei moi ben, e aínda queda todo o día de hoxe por diante. Até a noite non remata a viaxe, non nos adiantemos aos feitos…

Como dicía, é o último día, e o de recollida, por tanto. Os que o día anterior quedamos en baixar a almorzar ás dez, nos vemos todos no hall do hotel e quedamos alí mesmo a almorzar. 2’5 euros, e un almorzo sinxelo, pero mellor que o do día anterior. (Mirando agora para atrás, estou comprobando a moita importancia que lle dou ao almorzo, verdade?). Despois, ou antes, no caso das persoas máis apañadiñas, recollida nos cuartos e pago en recepción. Con iso, as maletas para os coches, e foto finish. O día acompañaba para facer unha foto no paseo marítimo, coa praia de fondo… e saíndo, claro, todos cos ollos a medio abrir polo sol que incide directamente nas retinas dos máis fotosensibles. E por tarde que fose, case todos estabamos fotosensibles. E nada máis en Santander, reparto equitativo por coches, gasoliña para o depósito e en marcha! Oviedo, here we go!

Sigue lendo

Felicidades, Fran e Tamara!

Pois iso, que había tempo que non felicitaba a ninguén por aquí, e lembrei que hoxe cumpren anos o Fran e a Tamara. Non hai máis que engadir, que chega unha idade na que tampouco é necesario afondar nas miserias idades de cadaquén… Ao cabo, só é un ano máis, ¿non? E o digo eu, que son do ano en medio dos dous!!

Moitas felicidades!!!

 

Diario de Viaxe (XI)

Amenceu o sábado non moi cedo, con só a metade da expedición, e os do coche de Santi Man que souberon durante o almorzo (un moi caro, para o que foi, e os modales cos que nolo deron) que tiñan o coche reparado, só fora unha roda rebentada, e nada máis. Namentres descubrían como tiñan que facer para ter o coche en Santander, aproveitamos o tempo e fomos visitar o parque da Magdalena, unha especie de Parque de Santa Margarita en Coruña, pero moito, moito máis pijo, que está moi preto do hotel onde parabamos. Aí foi onde descubrín por fin onde deixara aparcado o coche antes de saír para Italia… E onde volvemos a atopar ao guardia municipal (ou alomenos ao irmán xemelgo) co que a noite anterior Carlos resolvera a dúbida das liñas vermellas pintadas no chan dos aparcamentos na rúa.

 

Sigue lendo