Arquivos mensuais: Decembro 2008

Diario de Viaxe (X)

Hoxe, outra actualización fotográfica, que foron moitos quilómetros e moitas fotos. Toca falar da viaxe de Logroño a Santander, pasando por Zárate, e a tarde que pasamos por Santander. O día comezou con problemas: non podiamos mover o coche de Pablo, por culpa do coche blanco que vedes na foto. O tipo apareceu xusto cando xa maniobraramos e tiñamos o coche listo para marchar, que tío! O seguinte problema foi tratar de ir ao estadio do Logroñés. Tiñámolo aí ao lado, pero non fomos quen de atopar o xeito de entrar até el. Así que nada, camiño Euzkadi, para poder chegar a Santander. Non esquezo comentar o verdadeiramente tenso momento da noite, cando movementos insospeitados na cama grande levaron aos seus dous ocupantes a apenas durmir durante a noite… Cando, medio en soños, Pablo se achegou a Carlos (que tamén andaba a medio durmir), e ámbolos dous notaron que algo non ía ben. Había alguén na cama, e non era unha sueca, precisamente! Separáronse rapidamente, pero a memoria xa estaba aí, para lembrareslles aos dous ese escuro momento, no medio da noite, nunha cama de matrimonio… Digamos que durante a fin de semana falouse de moitas cousas, e de cada 5, máis ou menos, unha era esta, jeje.

 

Sigue lendo

Diario de Viaxe (IX)

Comeza a segunda parte desta expedición de 12 días. De xoves a domingo, marcho coa miña panda de sempre a visitar Logroño (o xoves, 3 expedicionarios) e Santander (até alí virán o venres os 10 restantes). E un que non descansou ben dunha viaxe, vaise meter noutra!

Se ben este primeiro día comezou ás 5.00 da mañá, cando me erguín para rematar de preparar a bolsa coa roupa e demais, e me recolleron ás 6.00, podemos obviar practicamente 6 horas, as da viaxe até Logroño… Malia que despois rematou á 1.00 da mañá, cando non atopamos xa sitios abertos na zona de saír da capital rioxana. Que foi un día largo, vaia… Incluíndo a viaxe (que durmín na súa meirande parte, jeje)!

 

Sigue lendo